Festival de catequese de Nadal

O vindeiro venres 23 ás 18:00 celebraremos a chegada do Nadal e recibiremos ao Carteiro Real que virá recoller as cartas que os nenos das parroquias lles queran facer chegar ás Súas Maxestades de Oriente.

Invitamos a todos a participar da representación da obra «Nunha noite clara e fría» feita polos nenos de catequese. O cantante Rubén de Lis nos axudará a abrir as portas do Nadal cos seus cantos.

Tódolos nenos asistentes poden participar do concurso de tarxetas de Nadal pintándoa alí ou ben entregándolla ao Carteiro Real.