Camiñata – Vía Crucis
Sairemos dende o Cruceiro de Escubelas en Mougás ata a igrexa de Oia.
Comenzaríamos ás 9:30 e pasaríamos por Muro, Viladesuso, O Xardín, Pedornes, Calvario, Vilar, Camiño da Aldea, Argaceiros e Centinela.
Iríamos facendo varias paradas. Unha das persoas que viva pola zona da parada encargaríase de facer unha cruz para a estación. Pensando nos máis maiores, se alguén non pode todo que se una un cachiño…
No límite de cada parroquia esperaría a cruz parroquial de cada parroquia para unirse.
¡ANÍMATE E ANIMA! Invita a quen lle poda interesar e comunica ao párroco o número de persoas coas que ves e se unen á iniciativa.
Teremos coches agardando en Oia para vir de volta.